A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu outorgarlle aos Multicines Norte de Vigo o Premio Especial “José Sellier”, que cada ano recoñece iniciativas salientables no sector audiovisual. A actriz Marta Doviro recolleu o galardón, en representación dos Multicines, este venres, dÃa 23, no Encontro de Finalistas dos XVI Premios Mestre Mateo que se celebrou na Domus da Coruña. Con este premio, a Academia quere poñer en valor "este espazo de referencia para a cinefilia galega, que leva máis de tres décadas apostando polo cine de autor dende a independencia do cine de barrio". A AGA salienta o exemplo extraordinario destas salas, xestionadas dende a súa apertura pola mesma empresa familiar, e que "ofrecen ao público a posibilidade de descubrir filmes fóra dos circuÃtos maioritarios, incluÃndo pelÃculas en versión orixinal, reposicións de clásicos e, por suposto, cinema galego".
Os Multicines Norte, bautizados co nome da vÃa viguesa na que se atopan, abriron as súas portas en 1982 coa proxección de O último metro de François Truffaut e O matrimonio de Maria Braun de Rainer Werner Fassbinder. Dende aquela, e a pesar de todos os cambios e dificultades pasadas polo sector da exhibición cinematográfica, manteñen en esencia a súa proposta: o "servizo público" de dar espazo a un cine con vocación artÃstica que normalmente non chega ás salas das grandes superficies, priorizando o aspecto cultural sobre o económico. AsÃ, os Norte conseguiron eludir o peche de salas e a concentración empresarial sen renunciar a adaptarse aos tempos. En 2013, dixitalizaron varias das súas salas para poder acceder a tÃtulos non dispoñibles en celuloide, e tamén recentemente comezaron a incluÃr na súa programación reposicións de filmes clásicos e obras en versión orixinal. Actualmente, ampliaron a súa aposta polo cinema independente, de autor e de calidade, recuperando en Santiago os Multicines Compostela.