A pelÃcula chilena Una mujer fantástica, gañadora do Óscar á mellor pelÃcula en lingua estranxeira a pasada noite, conta coa participación dunha produtora moi vinculada profesionalmente a Galicia, Fernanda del Nido, que achegou a participación española desde a súa produtora Setembro Cine. Del Nido formouse entre Arxentina en Galicia, traballou en empresas galegas como Dygra ou fundou a produtora coruñesa TicTac Producciones, aÃnda que na actualidade a súa produtora está radicada en Vilanova i la Geltrú. Tamén o compositor Nani GarcÃa, compuxo varios dos cortes da banda sonora do filme. Una mujer fantástica chegou aos óscar precedida xa de varios premios e está dirixida por Sebastián Lelio.