05/04/2018
Oito eventos beneficiados das subvencións a festivais audiovisuais
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no apartado de avisos e axudas do seu web a relación dos oito certames adxudicatarios en 2018 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual. Trátase de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto (Santiago de Compostela), Festival de Cans (O Porriño), (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, Festival Carballo Interplay, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo de Santiago e Chanfaina Lab (San Sadurniño). Entre eles distribúense, en diferentes contías, os 140.000 euros reservados a estas axudas, cuxa dotación experimentou un aumento do 21,7% respecto a 2017, reforzando así a liña ascendente dos últimos anos, con incrementos no seu orzamento do 9,5% en 2017 e do 16% en 2016..
Amplía a nova>>
05/04/2018
A Asociación de Actores e Actrices lembra a María Casares en abril
Como feche aos premios que levan o seu nome, a Asociación de Actores e Actrices continúa ao longo deste mes de abril coas homenaxes a María Casares. Un coloquio e un roteiro lembrarán esta figura que destacou polo seu traballo no teatro e no cinema francés. A primeira das actividades será o roteiro pola Coruña guiado polo historiador Segundo Grandío, que partirá da Casa Museo Casares Quiroga e que puntos da xeografía local cunha especial significación para a familia de María Casares, tanto da rama do pai Santiago Casares Quiroga como da nai Gloria Pérez Corrales. A iniciativa ten xa as prazas cubertas..
Amplía a nova>>
04/04/2018
Agadic aumenta a partida para a distribución exterior das industrias culturais
As subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais no ano en curso veñen de ser convocadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) a través do Diario oficial de Galicia (DOG). Estas axudas públicas diríxense a través de catro supostos á distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia xa sexa como representacións autónomas ou dentro de feiras e festivais, tamén se contempla a asistencias a feiras e mercados culturais no exterior para a representación de bens ou servizos culturais de calquera modalidade que sexan producidos por persoas físicas ou xurídicas con sede na nosa comunidade. Por último a convocatoria tamén dispón axudas para a distribución de espectáculos escénicos dentro do territorio do país. A partida xeral deste ano aumenta en 15.000 euros respecto a do pasado 2017, chegando neste caso aos 450.000 euros de crédito dos cales 350.000 euros se reservan para as modalidades de representación no exterior mentres que a partida inicial para o mercado interior mantense nos 100.000 euros como na anterior convocatoria, a non ser que non existan solicitudes suficientes nas modalidades de distribución exterior co cal se disporía de remanente para esta. A contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria no conxunto das distintas modalidades da presente convocatoria será de 25.000 euros. No pasado ano, a través de tres rondas de adxudicacións chegou a esgotarse o crédito asignado nestas axudas..
Amplía a nova>>
03/04/2018
Agadic convoca as subvencións para levar o audiovisual ao circuíto de festivais internacional
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de facer pública a convocatoria de subvencións para a promoción e difusión do cinema galego en 38 festivais de prestixio nacional e internacional celebrados entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de novembro do 2018. Esta liña de axudas, dotada con 30.000 euros, ten como obxectivo reforzar as campañas de promoción dos filmes que teñan sido seleccionados nalgunha das mostras especificadas nas propias bases, co fin de pór en valor o traballo dos produtores e creadores, así como de situar Galicia no mapa cinematográfico internacional. Os festivais recollidos na convocatoria son os clasificados pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores (FIAPF). Cada participación nun destes festivais pode chegar a recibir entre 1000 e 5000 euros en función das categorías de selección (seccións oficiais, competitivas, de exhibición etc.) e a tipoloxía do filme. As películas que se presenten nas seccións oficiais ao Festival de Cannes, a Berlinale, a Bienal de Venecia ou ao Festival Internacional de Cine de San Sebastián poden obter ata 5.000 euros de axuda para os gastos promocionais e unha mesma produción poderá optar a axuda correspondente a un máximo de dous certames. O pasado ano a convocatoria contou co mesmo orzamento, do que chegaron a outorgarse 23.600 euros. A longametraxe multipremiada nos Mestre Mateo
Doghs foi a produción que recibiu unha maior axuda con 5.000 euros. .
Amplía a nova>>
02/04/2018
Axudas para a distribución provincial de audiovisual en galego na Coruña
A Deputación da Coruña ven de convocar unha nova liña de axudas destinadas á distribución de contidos audiovisuais en galego en calquera localidade da provincia. Apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega é o obxectivo da nova liña de axudas á que o ente provincial destina un orzamento de 150.000 euros que sae publicada no BOP do mércores día 28 de marzo e ten o prazo de presentación aberto até o vindeiro 8 de maio. A convocatoria considera dúas modalidades, unha de apoio aos contidos audiovisuais galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc.) para a súa distribución e exhibición en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) e outra para a distribución en lingua galega de contidos audiovisuais non galegos..
Amplía a nova>>
22/03/2018
O documental Vértice de Versos percorre a poesía contemporánea galega
Un percurso pola poesía do noso país desde os anos 90. Esta é a proposta de
Vértice de Versos, o documental de Carlos Santiago que chega agora ás pantallas. Segundo explica no web de presentación, o filme "repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega". Críticos, editores e o propio colectivo de escritores e escritoras explican en diferentes entrevistas a súa visión sobre a creación poética e a evolución deste panorama creativo no último cuarto de século..
Amplía a nova>>
21/03/2018
O primeiro filme gai galego chega ás pantallas o 7 de abril
Rematada a súa xira por diferentes festivais, a longametraxe
Nove de novembro, primeira de temática gai realizada na nosa lingua, chegará ás pantallas dos cinemas galegos o vindeiro 7 de abril. O Teatro Colón da Coruña acollerá a estrea nunha gala na que participará Lázaro Louzao, director do proxecto, canda ao equipo técnico e artístico desta produción. Ademar Silvoso e Brais Yanek protagonizan esta historia de amor ambientada no final dos anos 80. .
Amplía a nova>>
16/03/2018
A Iª Semana da Novela Negra levará un misterio ao barrio santiagués de San Pedro
O barrio compostelán de San Pedro, zona de especial axitación cultural da capital, celebrará a partir do vindeiro 6 de abril a primeira edición da Semana da Novela Negra. A acción está promovida pola Libraría Pedreira e conta cunha serie de actividades arredor deste xénero, tanto en narrativa como en banda deseñada, ilustración, cinema... Levaranse a cabo coloquios, debates e presentacións coa presenza de escritores e escritoras de prestixio na literatura galega como Ledicia Costas, Elena Gallego, Miguel Anxo Fernández ou Diego Ameixeiras. Como fío condutor das actividades, grazas á colaboración do escritor Héctor Cajaraville, creouse un misterio para que a xente que o desexe poida resolver: a desaparición no ano 2006 dun personaxe ficticio, Emilio Bugallido Matalobos, cuxo corpo apareceu neste 2018. .
Amplía a nova>>
16/03/2018
Corenta e dúas webseries de todo o mundo compiten no Carballo Interplay
O festival de Carballo Interplay, que se celebra entre os vindeiros 4 e 7 de abril, acaba de presentar a súa sección competitiva, que reúne un total de 42 webseries de todo o mundo. O xurado seleccionou entras as 250 propostas presentadas ao evento 3 producións galegas e en galego, 12 do resto do estado e 27 do resto do mundo. Arxentina, Australia, Canadá, Chile, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Líbano, México, Nova Zelanda, Reino Unido, Suíza e Uruguai son países que estarán presentes no festival, nun programa no que predomina a comedia, xénero de 22 das 42 series seleccionadas.
.
Amplía a nova>>
15/03/2018
A Xunta aproba o Plan DICO Mindset de impulso aos contidos dixitais
Esta mañá o Consello da Xunta aprobou o Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). A execución do Plan obedece a unha filosofía de coordinación e colaboración entre distintas entidades do ámbito público (Amtega, Igape, CRTVG, Agadic, etc.), que se estende tamén aos actores do ámbito privado (clúster tic, clúster audiovisual, empresas tractoras, etc.). Esta iniciativa enmárcase nos mesmos obxectivos do programa
Viraxe TIC posto en marcha pola Amtega e os Clústeres Audiovisual e TIC en agosto de 2016. De novo en colaboración co sector audiovisual e o sector TIC, o Plan contempla crear un centro de produción de contidos dixitais e dentro da iniciativa de Memoria Dixital apostarase pola aplicación da innovación tecnolóxica a todo o ciclo de vida de preservación, xestión e promoción do patrimonio cultural galego. En total, DICO Mindset conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no período 2018-2020. .
Amplía a nova>>