23/09/2024
A 29 edición do OUFF continúa a súa aposta polo cinema galego
Ourense acolle, entre o 27 de setembro e o 6 de outubro, a proxección dun total 60 filmes no marco da vixésima novena xeira do Ourense Film Festival (OUFF). As diferentes seccións do evento reúnen producións de 19 países a concurso na sección oficial. A selección realizouse sobre un total de 350 propostas a concurso chegadas de 54 países a esta cita que organiza a Fundación Carlos Velo co patrocinio da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia..
Amplía a nova>>
23/09/2024
O festival MARÉ reúne en Santiago unha confluencia de diversidades musicais e culturais
A capital galega acollerá esta semana unha nova edición do festival MARÉ, de músicas atlánticas. Entre os días 25 e 29 de setembro a quinta edición deste encontro reunirá trinta proxectos musicais procedentes de varias latitudes. Voces orixinarias de Alemaña, Angola, Brasil, Estonia, México, Mozambique, Palestina Portugal, Cataluña, Valencia ou Galicia brindaranlle ao público de MARÉ un calidoscopio multicultural que fará de Santiago de Compostela o epicentro atlántico para a confluencia artística. A sección profesional do festival está conformado por encontros sectoriais, showcases, palestras e pitchings, entre outras iniciativas dentro da iniciativa MATE Europa. Albert Pla and The Surprise Band, Ana Lua Caiano, Sumrrá & Niño de Elche, SÉS, Puuluup, Shantel ou Francisco, El hombre forman parte do cartel..
Amplía a nova>>
23/09/2024
O VIº Ciclo 'Mulleres, Patrimonios, Sociedade' conmemorara a Revolución dos Caraveis
O ciclo 'Mulleres, Patrimonios, Sociedade' pretende abordar a través dos diferentes formatos audiovisuais como as mulleres non son recoñecidas ou mesmo foron invisibilizadas nos procesos de creación e de recreación do patrimonio cultural; ao tempo que valorizar ben o papel que xogaron nestes procesos. A sexta edición terá lugar no teatro municipal de Tui entre os días 26 ao 28 de setembro . Desta volta o ciclo prestará especial atención á memoria histórica, as revolucións e os procesos de transición conmemorando o 50 aniversario da Revolução dos Cravos en Portugal, de feito contará coa presenza do Coronel Mário Tomé, un dos capitáns do 25 de abril. .
Amplía a nova>>
20/09/2024
O XXI Curtocircuíto achega o mar a Santiago
O vindeiro 1 de outubro terá lugar a inauguración da vixésima primeira edición do Festival Internacional de Cine CURTOCIRCUÍTO de Santiago de Compostela. Ata o día 6 a capital galega acollerá unha programación audiovisual con 41 películas de pequeno formato procedentes de 18 países ademais de espectáculos audiovisuais e dunha programación interdisciplinaria de sesións especiais divulgativas con proxeccións e encontros entre destacadas profesionais e artistas que se aproximan, desde diferentes perspectivas, á temática editorial que atravesa este ano o festival: o mar e as profundidades oceánicas. Unha viaxe inmersiva que irá desde o cine, a arte sonora ou as artes visuais ata a ciencia e o pensamento. Diferentes propostas afondarán en conceptos como a profundidade, a auga, a escuridade ou o silencio. Perspectivas que van desde a bioloxía ou a ecoloxía ata o pensamento abstracto ou a poesía, levarannos desde o litoral á alta mar. A noite de inauguración acollerá un
live cinema ideado expresamente para este acto. A formación efémera Submarina de Improvisación musicará en directo o filme mudo 'Vinte mil leguas de viaxe submarina' (Stuart Paton, 1916) baseado na obra homónima de Jules Verne, que contou co primeiro sistema de fotografía e filmación subacuática. .
Amplía a nova>>
20/09/2024
A actriz Aurora Maestre recibirá o Premio AISGE
A Fundación AISGE concede, no marco do Ourense Film Festival (OUFF), un galardón honorífico que ten como obxectivo recoñecer e visibilizar a achega á historia do audiovisual galego de actores e actrices. A veterana actriz de imaxe e dobraxe Aurora Maestre (Monforte de Lemos ) recibirá este ano o galardón a conicidir cos seu 50 anos de profesión. A actriz fíxose popular para os espectadores galegos polo seu icónico papel de matriarca de impoñente presenza escénica, dona María de Lantaño, na serie Rías Baixas, pero tamén tivo presenza noutras moitas producións como 'Auga seca' e agora mesmo está a traballar coa directora de orixe galega Carla Simón no seu novo filme 'Romería'. En 2021 Maestre recibiu o Premio AISGE Mellor Interpretación Feminina no propio OUFF polo seu papel na curta 'Xoves de Comadres', de Noemí Chantada. A delegada de AISGE en Galicia, Isabel Blanco, entregará o recoñecemento na gala de inauguración do OUFF, o próximo 27 de setembro. .
Amplía a nova>>
18/09/2024
O cineasta ourensán Rodrigo Cortes recibirá a Calpurnia de Honra do OUFF
O Ourense Film Festival (OUFF) recoñecerá na súa 29º edición coa Calpurnia de Honra ao director Rodrigo Cortés (Pazos Hermos, Cenlle, Ourense, 1973). O OUFF quere sinalar a súa "condición de singular contador de historias na cinematografía española das dúas últimas décadas, polo seu frescor narrativo e polo seu manexo dunha linguaxe elegante nas formas". Ademais, poñen en valor "a súa orixinal escrita literaria na que poden rastrearse trazos quizais vinculados a súa orixe ourensán-galaica, que, ao cabo, redondean a un personaxe sen par"..
Amplía a nova>>
16/09/2024
As axudas á produción e á coprodución audiovisual chegan a 21 proxectos
A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 13 de setembro a resolución das Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais, dotadas con 3 millóns de euros. A principal liña de axudas por dotación económica neste ámbito apoiou un total de 21 proxectos, dos cales 11 corresponden á modalidade para longametraxes cinematográficas, dous á de longas en coprodución internacional con participación minoritaria española, seis á de curtametraxes e dúas á de series de televisión e/ou plataforma de vídeo baixo demanda..
Amplía a nova>>
13/09/2024
A Filmoteca de Galicia ofrecerá documentais de César Souto, Simón Casal e Jorge Algora
A Filmoteca de Galicia exhibirá ao longo de setembro na súa Sala José Sellier da Coruña os traballos documentais máis recentes de tres cineastas galegos. César Souto, Simón Casal e Jorge Algora presentaranlle ao público as súas pezas documentais como parte da sección Off Galicia. Este programa comeza o vindeiro martes 17 de setembro con 'A Foreign Song' (2022), no que César Souto aborda a figura do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. O venres 20 de setembro será a quenda dos filmes documentais de Simón Casal 'The Gourougou Trial' (2022) e 'Artificial Justice' (2022), un traballo sobre a entrada do uso da intelixencia artificial na administración, coincidente coa película de ficción do mesmo realizador, 'Justicia Artifical', sobre esta mesma temática e que chega hoxe aos cines de Galicia e de toda España. O filme de ficción está producido por Abano producións e rodado en Galicia, contando no elenco cunha grande presenza de intérpretes galegos como tamar Novas, Melania Cruz, Monti Castiñeiras ou o recentemente falecido Xavier Deive.
Amplía a nova>>
12/09/2024
Galician Film Forum leva a Londres tres longametraxes galegas e varias curtas
As películas 'O Corno', de Jaione Camborda, 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca e 'Justicia artificial', de Simón Casal son as elixidas para representar ao audiovisual galego na sección
Letters from Galicia do London Spanish Film Festival que se celebra este mes na capital británica. Ademais destas longametraxes haberá tamén unha exhibición de curtas onde proxectaranse as producións 'Habitar'; 'Véxote'; 'To Bird Or Not To Bird'; 'Non Te Vexo'; 'Queimar Cando Morra' e ' Alguén Me Chamou Serpe Negra'. Entre o 18 e o 24 de setembro o festival proxectará estes traballos no festival londinense no apartado dfe audiovisual galego coordinado pola comunidade Galician Film Forum do reino Unido e coa colaboración da Asociación Proxecta e AGADIC. .
Amplía a nova>>
11/09/2024
A Semana de Cine de Autor de Lugo proxectará 146 filmes na súa nova edición
Lugo acollerá, entre os vindeiros 23 e 29 de setembro, a 46 edición da A Semana de Cine de Autor que organiza o Club Fotocinematográfico Fonmiñá. O Concello acollía este 10 de setembro a presentación deste veterano programa que conta co apoio de Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e UNED..
Amplía a nova>>