A Filmoteca de Galicia exhibirá ao longo de setembro na súa Sala José Sellier da Coruña os traballos documentais máis recentes de tres cineastas galegos. César Souto, Simón Casal e Jorge Algora presentaranlle ao público as súas pezas documentais como parte da sección Off Galicia. Este programa comeza o vindeiro martes 17 de setembro con 'A Foreign Song' (2022), no que César Souto aborda a figura do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. O venres 20 de setembro será a quenda dos filmes documentais de Simón Casal 'The Gourougou Trial' (2022) e 'Artificial Justice' (2022), un traballo sobre a entrada do uso da intelixencia artificial na administración, coincidente coa pelÃcula de ficción do mesmo realizador, 'Justicia Artifical', sobre esta mesma temática e que chega hoxe aos cines de Galicia e de toda España. O filme de ficción está producido por Abano producións e rodado en Galicia, contando no elenco cunha grande presenza de intérpretes galegos como tamar Novas, Melania Cruz, Monti Castiñeiras ou o recentemente falecido Xavier Deive
O programa dedicado a estes realizadores galegos seguirá na xornada do xoves 26 de setembro, ese dÃa a Filmoteca de Galicia acolle a estrea de 'Dislexia: demasiados dÃas desastrosos', de Jorge Algora, que pon o foco nos obstáculos que sofren os mozos e mozas con este trastorno de aprendizaxe, a partir da súa propia experiencia e a das persoas especialistas en diferentes ramas da saúde que os acompañan no proceso. A Sala José Sellier recibirá na Coruña os tres directores para presentar os seus traballos e manter un coloquio co público en sesións de entrada de balde. Na carteleira da Filmoteca para este mes volverá a ser protagonista o realizador xaponés Yasujirô Ozu e recibirá a primeira entrega dunha ampla retrospectiva dedicada á directora francesa Agnès Varda, entre outras citas.