Galician Film Forum leva a Londres tres longametraxes galegas e varias curtas

O festival de cine español proxectará 'O Corno', 'Salvaxe,salvaxe' e 'Justicia artifical' na súa sección 'Letters form Galicia'

12/9/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As películas 'O Corno', de Jaione Camborda, 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca e 'Justicia artificial', de Simón Casal son as elixidas para representar ao audiovisual galego na sección Letters from Galicia do London Spanish Film Festival que se celebra este mes na capital británica. Ademais destas longametraxes haberá tamén unha exhibición de curtas onde proxectaranse as producións 'Habitar'; 'Véxote'; 'To Bird Or Not To Bird'; 'Non Te Vexo'; 'Queimar Cando Morra' e ' Alguén Me Chamou Serpe Negra'. Entre o 18 e o 24 de setembro o festival proxectará estes traballos no festival londinense no apartado dfe audiovisual galego coordinado pola comunidade Galician Film Forum do reino Unido e coa colaboración da Asociación Proxecta e AGADIC.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con O Corno, Londres, Cine, Emilio Fonseca...