A 20ª edición del Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, xa ten palmarés oficial. A cinta documental 'Salvaxe, salvaxe' (Walkie Talkie Films), debut de Emilio Fonseca (Ourense, 1978) na realización de longametraxes foi a gañadora da sección competitiva galega. Este filme achégase ao lobo ibérico desde un cinema "inmersivo e polÃtico: un anti-documental de natureza", segundo a súa comunicación. Neste sentido, a cinta ensaia novas imaxes para representar a vida no planeta, superando a tradición do "documental de natureza". 'Salvaxe, salvaxe' está rodada en Galiza e Portugal e conta cun equipo galego e catalán. Ademais de dirixir, Emilio Fonseca é coautor do guión xunto con Xiana do Teixeiro, á vez produtora do filme. O xurado baseou a súa decisión na "súa capacidade suxerinte , a través dunha abordaxe inmersiva con un inesquecible deseño sonoro, onde o telúrico, o poético, o antropolóxico e o polÃtico conversen con fluidez, ofrecendo unha pelÃcula que reflexiona sobre un dos motivos centrais do noso tempo e revisa o concepto de salvaxe". O xurado coincide asà co do Festival de Málaga que faiu dous meses lle outorgaba a esta produción a Biznaga de Prata a mellor documental.
Ademais, este Play- Doc premiou tamén ao filme italiano 'Os últimos dÃas da humanidade' (Gli ultimi giorni dellÂ’umanità ) de Enrico Ghezzi e Alessandro Gagliardo, que acadou o premio da competición internacional. O xurado internacional composto pola realizadora austrÃaca Ruth Beckermann, a directora estadounidense Bette Gordon e o editor francés Benjamin Mirguet, decidiron premiar a cinta italiana "entre una programación que, en certo modo, é unha homenaxe a Godard e á súa xeración de cineastas" e "por ser unha obra que vai máis alá da autobiografÃa e o cine caseiro invitándonos a coñecernos a nós mesmos a través do cine". O xurado tamén fixo unha mención especial a '¿Onde están todos os meus amantes?' (Où son tous mes amants?) do cineasta francés Jean-Claude Rousseau.