"Letters from Galicia" é o nome da sección que, dentro do London Spanish Film Festival, acollerá mostras do audiovisual contemporáneo galego estes días. Este evento que estes días está a celebrar a súa 19ª edición na capital británica creouse en 2005 para levar ao panorama cultural londiniense o cinema contemporáneo español e xa contaba con tres seccións ou "ventás" dedicadas aos cinemas catalán, vasco e andaluz. Este ano inaugura esta sección dedicada ao cinema galego que se fai en colaboración co Galician Film Forum e a Mostra International de Cine Etnográfico Museo do Pobo Galego (MICE). Xustamente do palmarés deste certame santiagués xorden dúas das produción que se poden ver en Londres: "Al otro lado del mar", a correspodencia fílmica entre Eloy Domínguez e Samuel Moreno, que recibiu o premio a Mellor filme Galego da MICE, e a curtametraxe de Diana Toucedo "Tatuado nos ollos levamos o pouso" que levou o Premio CREA do certame. Ademais outras catro curtametraxes da realizadora redondelá formarán `parte do programa que se poderá ver mañá, mércores 27 de setembro, no festival londiniense: Prekasno (2021); Borders (2021); Homes ("016) e 'Imágenes secretas' (2013).