Lugo acollerá, entre os vindeiros 23 e 29 de setembro, a 46 edición da A Semana de Cine de Autor que organiza o Club Fotocinematográfico Fonmiñá. O Concello acollía este 10 de setembro a presentación deste veterano programa que conta co apoio de Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e UNED.
Un total de 146 películas, seleccionadas entre as 1.512 que se presentaron á selección, compoñen o programa desta edición do evento. O cinema galego será o grande protagonista da xeira, coa proxección de 52 producións do país.
Destas, o ciclo Cine Galego inclúe os filmes Os valores no camiño, As tres outras vidas de María S., Pico Sacro, Claustrofobia, Florencio, o cego dos Vilares, Pretérito imperfecto, Aurora, Menos a morte e O Courel: terra dura, terra brava. Canda a este espazo, a cita mantén as súas habituais seccións O mellor do ano, Sección oficial, Cine Documental, Homenaxes, Cine español inédito, As curtas tamén son cine e Cine galego curtas.
Dentro da sección oficial competirán os filmes franceses A lume lento e O último verán, o español Chinas, a produción arxentina As preñadas, a brasileira
Mais Pesado é o Céu e a mexicana Vestida de branco, que terá no festival a súa estrea estatal.
A organización homenaxará nesta xeira a actriz Melania Cruz, o escritor Ánxel Fole e a distribuidora Baños Films inserindo placas cos seus nomes no Paseo do Cine, situado no Parque de Frigsa. Acemais, tamén haberá recoñecementos ao fotógrafo Bernardino Barreiro e mais ao colectivo Aspnais.
A Delegación Territorial da Xunta, a Biblioteca Provincial, o auditorio Gustavo Freire, o Vello Cárcere e o salón de actos da Deputación serán os espazos da Cidade da Muralla que acollerán as actividades do programa.