A actriz Aurora Maestre recibirá o Premio AISGE

A artista monfortina ve recoñecidos os 50 anos da súa traxectoria profesional

A artista monfortina ve recoñecidos os 50 anos da súa traxectoria profesional
Aurora Maestre
A Fundación AISGE concede, no marco do Ourense Film Festival (OUFF), un galardón honorífico que ten como obxectivo recoñecer e visibilizar a achega á historia do audiovisual galego de actores e actrices. A veterana actriz de imaxe e dobraxe Aurora Maestre (Monforte de Lemos ) recibirá este ano o galardón a conicidir cos seu 50 anos de profesión. A actriz fíxose popular para os espectadores galegos polo seu icónico papel de matriarca de impoñente presenza escénica, dona María de Lantaño, na serie Rías Baixas, pero tamén tivo presenza noutras moitas producións como 'Auga seca' e agora mesmo está a traballar coa directora de orixe galega Carla Simón no seu novo filme 'Romería'. En 2021 Maestre recibiu o Premio AISGE Mellor Interpretación Feminina no propio OUFF polo seu papel na curta 'Xoves de Comadres', de Noemí Chantada. A delegada de AISGE en Galicia, Isabel Blanco, entregará o recoñecemento na gala de inauguración do OUFF, o próximo 27 de setembro.

Ligazóns