A Fundación AISGE decidiu outorgar o Premio A Toda Unha Traxectoria dentro do 24º Festival de Cinema de Ourense (OUFF) á actriz coruñesa MarÃa Bouzas, como recoñecemento a súa ampla andadura en tódalas ramas da interpretación e o seu compromiso coa profesión e a sociedade civil galega. A delegada de da sociedade de xestión de dereitos para artistas e intérpretes, AISGE, en Galicia, a tamén actriz Isabel Blanco, será a encargada de facerlle entrega do galardón. O nome de Bouzas súmase a outras figuras destacadas da escena galega que recibiron o aplauso desta entidade de xestión de propiedade intelectual. No caso de 2018, a recoñecida coa figura foi Mabel Rivera. A nova galardoada por AISGE xa acumula outros recoñecementos importantes na súa traxectoria, o máis significativo o Premio de Honra Fernando Rey nos Mestre Mateo do audiovisual galego de 2018. A aquela figura debemos sumarlle, por agora, cinco Mestre Mateo, dous MarÃa Casares de teatro e un Premio da Cultura Galega.
Bouzas, de 57 anos e natural de Mugardos, gozou de gran repercusión nos últimos anos a nivel estatal pola súa destacada presenza en El secreto de Puente Viejo, a serie de Antena 3 na que desde 2011 encarna a Francisca Montenegro. Antes de todo iso, os telespectadores galegos xa a coñecÃan ben pola súa participación en teleseries da TVG como Pratos combinados ou Terra de Miranda. Criada durante os seus anos mozos en SuÃza, MarÃa debutou sobre os escenarios da man de Mario Gas, que a reclamou para “O mozo que chegou de lonxe” na montaxe de 1987 a cargo do Centro Dramático Galego. Logo chegarÃa a súa propia compañÃa teatral, que codirixe xunto a MarÃa Pujalte.