lg3
inicio» lg3»  criticas» Ensaio e Investigación 

CRÍTICAS SOBRE Ensaio e Investigación / 84

SOBRE O LIBRO "ARREDOR DA CONFORMACIóN DO REINO DE GALICIA (711-910)"
Aproximación arriscada
Este estudo gañador da anterior edición do Premio de Historia Medieval de Galicia é unha das poucas achegas ao período da Alta Idade Media. O traballo realizado por López Teixeira resulta moi recomendabel desde a opinión de Jorge Guitian, que salienta a actitude do investigador e califica o seu traballo como un "esforzo valente" co que consegue unha "aproximación arriscada e decidida " ao tema do estudo.


SOBRE O LIBRO "A BATALLA DE MONTEVIDEO. OS AGRAVIOS LINGUíSTICOS DENUNCIADOS NA UNESCO EN 1954"
Radiografía dun enfrontamento lingüístico
A defensa que os galeguistas fixeron do idioma en instancias internacionais en 1954 presentando unha denuncia pola persecución á que era sometida a lingua galega é o episodio histórico que documenta este libro. O feito ten unha importancia crucial na nosa historia e o libro, como recoñece na súa recensión Gustavo Hervella, realiza unha posta ao día no tema e aporta unha documentación destacábel para a investigación sobre a historia cultural do país.


SOBRE O LIBRO "O ESPELLO DO MAR : NA ARTE GALEGA DOS SéCULOS XIX E XX"
Liñas sobre a imaxe do mar
O catálogo editado polo Museo do Mar de Vigo dá idea da importancia da exposición "A mares. O espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX" e proporciona ferramentas conceptuais de análise que, según Jorge Guitián, suxiren liñas que os investigadores da arte deberán ter en conta para abordar os seus futuros estudos


SOBRE O LIBRO "A IMPRENTA EN GALICIA : SéCULO XIX"
Alto grao de fiabilidade
O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, proxecto promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Ministerio de Educación y Cultura, é un conxunto de información bibliográfica que reúne tódolos impresos, tanto españois coma estranxeiros, que están depositados nas bibliotecas públicas e privadas de toda Galicia.


CRÍTICAS POR XÉNERO


Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal