Seguindo o itinerario dun chisqueiro que vai sendo perdido polos seus sucesivos donos en diferentes lugares do mundo, constrúese unha historia de historias. O denominador común son as relacións de parella, o "amour fou" mais a aparición de sorprendentes personaxes portadores de relatos insólitos. Produción comercializada en formato DVD con audio en galego. Palmarés: Xunto con Concursante, terceira produción máis premiada nos Mestre Mateo 07 (2008), xa que recibiu dous premios: Á mellor dirección de produción e á mellor interpretación feminina de reparto. |
Ficha artística
Dirección:
/
Antón Reixa
Dirección artística:
/
Alexandra Fernández
Dirección de produción:
/
María Liaño
Guionista:
/
Xosé Morais
/
Carlos Portela
/
Antón Reixa
Intérpretes:
/
Carlos Blanco
/
Uxía Blanco
/
Judith Diakhale
/
José Ángel Egido
/
Ginés García Millán
/
Marta Larralde
/
Miguel de Lira
/
Nancho Novo
/
Mabel Rivera
/
Silvia Sabaté
/
Ledicia Sola
/
Luís Tosar
/
Carolina Vázquez
/
Luís Zahera
Ficha técnica
Distribuidora
/
Baños Films
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Filmanova Invest
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
/
Consellería de Presidencia (Xunta de Galicia)
/
Media Desk Spain
Titulo orixinal: Hotel Tívoli
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 101'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Rodada en seis idiomas: Español (60%), danés, inglés, alemán, éuscaro e catalán.
Orzamento: 318.400 €
Recadación: 216.616 €
Espectadores: 48.828