Mabel Rivera / Actriz

Mabel Rivera

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Mabel  Rivera
Mabel Rivera
Actriz
Nome completo: María Isabel Rivera Torres
Ferrol 1952   
Web propia



Protagonista de “Pratos Combinados”, o éxito na gran pantalla chegoulle con “Mar adentro”. Actriz de teatro desde 1984, a súa relación co audiovisual comezara ás ordes de José Luís Cuerda en “El bosque animado” (1987). A finais dos 80 traballa en diversas producións para TVE e para a TVG. En 1995 comeza o papel que a populariza, o de Balbina Santos en “Pratos combinados”, interprétao ao longo de numerosas temporadas. Para TV fixo tamén o telefilme “El impostor” de Ricard Figueres en 2006. En 2007 participou nas películas españolas con maior número de candidaturas aos premios Goya, “Mataharis” e “El Orfanato”. Tamén ten traballado en publicidade e como presentadora e dobradora.

Premios e recoñecementos: Galardoada en 1991 co premio Compostela á mellor actriz, pola obra de teatro “Inventarios” de Philippe Minyana. Foi nominada dúas veces como mellor actriz pola teleserie “Pratos combinados”, na primeira e segunda edición dos premios da Asociación Galega de Productores Independentes (AGAPI, 1997, 1998). Galardón á mellor actriz de reparto nos premios Goya do cine español (2005) por “Mar adentro”. Nos premios Sant Jordi, concedidos por RNE en Cataluña, recibiu o galardón á mellor actriz (2005) pola mesma produción. Premio de honra Pedigree 06 do Festival de Cans (2006). Premio á mellor interpretación feminina de reparto nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por “Hotel Tívoli”.


Formación específica: Curso de Posgrao de Universidade de Santiago de Compostela de Especialización en Arte Dramático (2000/2001)

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 4 videos de Mabel Rivera

Galería de imaxes | ver As 5 fotos de Mabel Rivera

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Mabel Rivera (48)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org