
O certame repartiu ademais os galardóns a Mellor PelÃcula Latinoamericana que foi para longametraxe arxentina 'Juego de Brujas'. Para Arxentina foi tamén o galardón de mellor realización feminina que recaeu na directora Tamae Garateguy pola longametraxe 'Auxilio, el poder del pecado'. O premio masculino homólogo foi para Simon Öster por 'Lost in the Sky'. O Premio Roberto Camba aos mellores efectos especiais foi para a cinta 'Abruptio'. O Premio Especial do Xurado foi apara a a longametraxe chilena 'Análogos', mentres que o público decantouse para o seu premio pola estadounidense 'All you need is Blood'. A cinta británica 'Company' levou o Premio a Mellor Curtametraxe de Ficción e o de Mellor Curtametraxe de Animación foi para a alemá 'In Seiner Gnade'. Con este reparto rematou a 51 edición deste certame especializado nos xénero fantástico que cada ano vai crecendo en alcance e prestixio e reforzándose coma referencia da axenda audiovisual galega.