Luma Gómez recibirá o Premio de Honra de AISGE

O galardón pola súa traxectoria profesional entregarase durante o festival OUFF

O galardón pola súa traxectoria profesional entregarase durante o festival OUFF
Luma Gómez como María Soliña na produción ' A piaxón de María Soliña' (2012)
Actriz ferrolá Luma Gómez (1951), recibirá este ano o Premio de Honra a toda unha traxectoria da Fundación AISGE de artistas intérpretes e seralle entregado durante a nova edición do Ourense Film Festival (OUFF). Luma Gómez , recibirá o recoñecemento a súa ampla traxectoria no mundo da interpretación desta fundación de carácter estatal, que anteriormente recaeu nas figuras de Mabel Rivera (2018), María Bouzas (2019) e Rosa Álvarez (2021). Gómez é unha das figuras pioneiras da interpretación en Galicia que conta con máis de cincuenta montaxes teatrais nas súas costas e con ducias de interpretacións no cine e na televisión.

No mundo do cinema participou en varias curtametraxes e en seis longametraxes destacando nos seus papeis de Marica da fame, a coprotagonista de El bosque animado (1997) de Cuerda, en Urxa de Carlos Piñeiro y Alfredo Pinal (1989) sendo a propia Urxa, ademais de como María Soliña na película La pasión de María Soliña (2011), de Emilio Fernández e Alfonso Castaño. Na televisión puidemola ver en series como Celia (1991) de TVE dirixida por de José Luis Cuerda e José Luis Borau e en varias ficcións da TVG como Servicio de Urxencias, Pratos Combinados, A familia Pita e A Escoba.

A tamén actriz Isabel Blanco, delegada da Fundación AISGE en Galicia, explica a concesión deste premio a Luma Gómez, porque a actriz representa a máis pura nobreza do teatro galego, sendo unha dama da escena, que deixa unha estela moi importante no seu percorrido vital, sendo unha actriz polivalente ao longo do tempo, mostrando ademais a súa veteranía na ficción tanto como actriz de imaxe en series de televisión, en películas de prestixio, como na dobraxe en calidade de actriz de voz. Segundo o comunicado do OUFF, a actriz ferrolá, moi emocionada ao enterarse, deu as grazas "tanto a fundación como o festival por este premio tan importante como inesperado. Este recoñecemento significa moito para min por un traballo que amo e que move a miña vida".