Jorge Algora / Dirección

Jorge Algora

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Jorge Algora
Jorge Algora
Dirección
Nome completo: Jorge de Benito Algora
Madrid 1963   
Web propia



Comeza no audiovisual nos oitenta no seu Madrid natal, aínda que axiña se traslada a terras galegas, onde, desde entón, ven desenvolvendo a maior parte da súa produción. En Galicia ten traballado ininterrompidamente na dirección e realización de programas de televisión, series documentais e tamén no eido da publicidade. Socio da empresa Adivina Producciones, tamén é vicepresidente da AEGA (Asociación de Empresas Productoras de Galicia) e forma parte da CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia), entre outras entidades. Actualmente prepara o telefilme “Mentíndolle á vida” e a longametraxe “O neno de barro”.

Premios e recoñecementos: "Galicia Poema Visual", mellor film (Estoril 2000). "Ciudades Meigas", 1º Premio en Lisboa (1998) e en Viena (1999), ademais de premio especial (Milán 1998). "Televisión de Galicia pensa en ti", mellor autopromoción (A Habana, 1997). "Seguriño", 1º Premio no Infancine (Madrid 1995). "Nós, os consumidores", mellor programa de información ao consumidor (Instituto Europeo da Comunicación, 1995) e 1º premio ACG (1998). "Galicia, lo más natural", premiado no MIPTI (Trujillo 1994). "Camino de Santiago. El viaje prometido", 1º premio en Vitoria (1994) e en Barbastro (1995). "Ven a Galicia... Volverás", 1º Premio (Lisboa 1992). “O neno de barro” valeulle dous premios nos Mestre Mateo 07 (2008): mellor director e mellor guión, esta última categoría xunto con Christian Busquier e Héctor Carré, coguionistas do filme. Recibiu o premio especial Manoel de Oliveira á súa traxectoria profesional no VI Festival Bragacine (Braga 2008).


Formación específica: Titulado polo Conservatorio Oficial de Música de Madrid (1971-1976). Licenciado pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (RESAD, 1980-1985).

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 12 fotos de Jorge Algora

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Jorge Algora (18)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org