O produtor e socio fundador de Adiviña Producións, Jorge Algora, foi relixido por unanimidade presidente do Clúster Audiovisual Galego para os próximos tres anos na Asemblea Xeral Extraordinaria de socios que celebrou a entidade o venres 15 de maio de maneira telemática. A Asemblea, que representa a cae 40 compañÃas do sector, tamén ratificou os membros que integran a nova Xunta Directiva para este novo perÃodo. Entre os retos declarados a curto e medio prazo da directiva está impulsar os contidos dixitais, a través dunha maior interrelación entre contidos e tecnoloxÃa, e integrar como socios colaboradores a asociacións e colectivos sectoriais co obxectivo de formular propostas conxuntas ante a administración que redunden no beneficio do audiovisual galego. Tamén está nos planes do organismo promover a posta en marcha da Galicia Film Commission, asà como a creación do Observatorio do Audiovisual Galego, que facilite datos actualizados da industria, entre outros.
A Xunta Directiva deseñada por Jorge Algora para este mandato inclúe unha nova vicepresidencia de contidos dixitais e unha nova vogalÃa para a elaboración do plan de posta en marcha da film commission galega. O equipo directivo está composto por 10 persoas, entre as que hai tres incorporacións novas. Xunto ao presidente Jorge Algora, conforman a directiva tres vicepresidentes: Juan de Dios Serrano, de Agallas Films, que ostenta tamén o cargo de tesoureiro; Miguel Conde, de Congo Producciones , e entra na xunta Manuel Meijide, de Mundos Digitales. O cargo de secretaria e xerente do Clúster seguirá sendo desempeñado por Mar Varela. Continúan como vogais Julio Casal, de Ficción Producciones; Margarita Soilán, de Servizos Audiovisuais da Deputación de Lugo, e Aquilino Abeal, de Aeromedia, e incorpóranse Alberto DomÃnguez, de CTV, e Óscar González, do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).