Xosé Manuel Olveira, “Pico” será o novo presidente da Academia Galega do Audiovisual

Os socios da Academia elixen esta tarde a nova xunta directiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O actor Xosé Manuel Olveira, Pico, encabeza a única candidatura que se presenta para presidir a Academia Galega do Audiovisual. A entidade celebrará esta tarde (20:00 horas) unha asemblea na que os socios elixirán a nova xunta directiva. Pico é un dos actores máis veteráns do país e ten participado en máis de trinta obras de numerosas compañías, así como en abondosas series e producións audiovisuais. O seu último galardón foi este mesmo ano, cando recibiu o premio Mestre Mateo polo seu papel en Os mortos van ás présas.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Manuel Olveira, Manuel Olveira, Academia Galega do Audiovisual