A decidida aposta pola captación de rodaxes para a provincia de Pontevedra está a impulsar a "velocidade de cruceiro" a creación do servizo Pontevedra Provincia Film Commission. As áreas de Turismo, Cultura e o SAIM (Servizo de Asistencia Intermunicipal) da Deputación Provincial de Pontevedra serán as implicadas no desenvolvemento deste servizo provincial que onte acadou novo impulso nun encontro entre a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, co presidente e a directora xeral da Spain Film Commission, Carlos Rosado e Teresa Azcona. A Film Commission da provincia será interlocutora directa da rede estatal que xestiona o Hub Audiovisual en España, unha relación da que esta reunión plantou as bases de funcionamento. Existe a previsión da creación dunha Galicia Film Comission dentro das liñas mestras do Hub Audiovisual da Industria Cultural creado pola administración autonómica, pero ese órgano aÃnda non se presentou como tal a pesares de existir xa liñas de apoio económico para a captación de rodaxes.
A creación da Pontevedra Provincia Film Commission como servizo público gratuÃto da Deputación ten por obxectivo principal promover a provincia como destino de rodaxes, proxectos audiovisuais e cinematográficos, asà como incrementar o seu posicionamento de marca a nivel nacional e internacional. Entre as súas funcións destacan a asistencia e asesoramento na procura de localizacións; a colaboración e intermediación no desenvolvemento das rodaxes; a creación dunha estrutura local para facilitar o traballo; a orientación, información e apoio nas xestións e tramitacións de permisos/autorizacións; o soporte ao sector audiovisual local; o apoio promocional; a participación nas accións nacionais/internacionais da Spain Film Commission; e a promoción da cultura audiovisual para situar estratexicamente á provincia como destino cinematográfico.
Plan de formación
Tal e como se acordou nesta reunión a provincia de Pontevedra será unha das localizacións escollidas pola Spain Film para despregar o seu plan de formación e capacitación a nivel estatal. A formación estará dirixida ao sector público e privado local para atender correctamente as rodaxes, prestando servizo de apoio e asesoramento, asà como tamén á xestión dos trámites e permisos e ao coñecemento das ferramentas que a rede estatal emprega. Xunto á formación, tamén se realizará un 'stage' nunha das entidades máis avanzadas da Spain Film Commission para "coñecer a actividade e as boas prácticas que están a levar a cabo, crear redes e poder implantar máis rápido e con máis garantÃas a nosa". A provincia tamén acollerá fam-trips para a captación de rodaxes estranxeiras, congresos, cursos de formación globais e accións de captación locais.