A Galicia Film Commission ofrecerá os seus servizos na provincia de Lugo e Ourense

A rodaxe estendida

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As deputacións de Lugo e de Ourense acaban de asinar un convenio coa Galicia Film Commission para ofrecer servizos ás rodaxes. E isto implica que a film commission prestará ás oficinas provinciais asesoramento para desenvolver o traballo de facilitar as rodaxes nos seus territorios. O anuncio da sinatura fíxose no marco dun dos encontros que a Film Commission organizou por diferentes puntos para explicar o seu traballo. Polo demais, espérase que en breve se asine un convenio semellante coa deputación de Pontevedra, aínda que de momento non ten data fixada.

Máis información sobre os servizos da Galicia Film Commission no seu sitio web e sobre o acordo no web do Consorcio Audiovisual 

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Ourense, Deputación de Pontevedra, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)