O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolleu a constitución da Ourense Film Commission impulsada pola deputación provincial coa primeira reunión do Comité Asesor. A comisión está integrada por representantes do sector audiovisual galego e da propia Deputación. O obxectivo deste novo órgano é apoiar ás producións galegas, nacionais e internacionais da industria audiovisual na loxÃstica necesaria para desenvolver o seu traballo, promovendo a difusión da provincia de Ourense en España e fóra das súas fronteiras, asà como da calidade e competitividade dos servizos que se precisen. Entre os servizos que ofrecerá este novo órgano figura achegar información e propostas sobre localizacións; apoio e asesoramento sobre permisos administrativos; axuda na promoción e difusión das rodaxes previstas; coordinación entre as produtoras e as administracións públicas; e axuda na loxÃstica da produción.
Este novo órgano asociativo que onte botou a andar está presidido por Manuel Baltar, presidente da deputación e ten como vicepresidente ao director do OUFF, Miguel Anxo Fernández. O director da asociación é o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e como vogais participan a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres; a xerente do Inorde, Emma González; a presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte; o vicepresidente do Cineclube Padre Feijoo, Manel RodrÃguez; o director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño; a xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes, UxÃa Caride; e o xornalista Simone Saibene; actuando como secretaria xeral Susan Ramos. Tamén participa como vogal o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil. Xustamente a Xunta ten entre os seus proxectos incluÃdos no HUB audiovisual, a creación dunha Film Comission de Galicia, que aÃnda non viu a luz. Recentemente tamén a Deputación provincial de Pontevedra anunciou os primeiros pasos cara a constitución dun órgano semellante para a súa demarcación.