Créanse o Consorcio do Audiovisual e a Compostela Film Commission

Máis reforzos para o audiovisual

Dous anos despois da aprobación da Lei do Audiovisual de Galicia, o sector está a ver nas últimas semanas como se constitúen os organismos contemplados neste texto. Se aínda o luns falabamos da creación da Comisión de Cine de Galicia, a noticia de hoxe é a creación do Consorcio do Audiovisual, que se puxo onte en marcha. Por se fose pouco, desde o Concello de Compostela vense de anunciar a posta en marcha da Compostela Film Commission, que será o organismo encargado de dialogar co sector audiovisual que estea interesado na cidade.

Unha nova institución


As catro deputacións provinciais, a Xunta de Galicia, Caixanova, Caixa Galicia e a CRTVG asinaron onte o protocolo que pon en marcha o consrocio do Audiovisual de Galicia.
Este organismo, que segundo a Lei do Audiovisual de Galicia de 1999 debe servir para asesorar o goberno e potenciar o sector. A lei contempla que o Consorcio terá entidade de derito público, un patrimonio propio, e plena capacidade para obrar no cumprimento dos seus fins.
O conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, anunciou que o Consorcio está a berto a todo o sector e manifestou o seu desexo de que no futuro entidades coma a Asocaición Galega de Productores Independentes (Agapi) ou a recentemente creada Asociaicón de Empresas do Audiovisual (Aega) se incorporen ó organismo. No acto de onte estiveron presentes, aínda que non participaron na fundación do organismo, directivos das dúas asociacións.
Coa constitución do Consorcio, a Consellería de Economía anunciou a creación de créditos especiais para financiar proxectos no eido audiovisual desde o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as deputacións acordaron realizar aportacións económicas e desenvolver iniciativas para a formación de profesionais.
Segundo recolle a Lei do Audiovisual, todas as entidades participantes do no consorcio deberán participar no seu finanzamento.
O funcionamento concreto do novo organismo aínda está pendente de que a Consellería de Cultura elabore os estatutos desta entidade, de xeito que a entrada en funcionamento real da mesma non se producirá ata o ano 2002.

Compostela Film Commission


As concellerías de Cultura e de Turismo de Santiago anunciaron onte a súa intención de crear a Compostela Film Commission, un organismo que se encargará de potenciar a cidade como lugar para o desenvolvemento de rodaxes.
A primeira actividade desta comisión será crear unha base de datos e unha páxina web onde aparezan as empresas, persoal e servicios que poidan necesitar as productoras e que están dispoñibles na cidade.
Ademais, esta información editarase tamén en formato e guía, que se remitirá a directores e productores.
A intención do Concello é desenvolver unha promición internacional das posibilidades de Compostela como plató, e para isto realizaranse campañas publicitarias no sector, buscaranse contactos persoais cos realizadores e mesmo haberá viaxes organizados para que os profesionais do cine coñezan a cidade. Neste mesmo sentido, buscaranse precios especiais nas hostelería para os equipos de rodaxe.
A organización deste proxecto recaeu na empresa Incolsa, que ata o de agora se encargaba da promoción turística da cidade. Este organismo funcionará como oficina única para trámites burocráticos.
Con esta iniciativa, a cidade incorporarase á recén creada Film Commission de Galicia e ingresará no grupo Cidades de Cine formado por Salamanta, Porto, San Sebastián e Biarritz.