O actor Chete Lera morreu esta mañá nun accidente de tráfico en Málaga, ao caer por un barranco de 50 metros de altura. Lera, nacido na Estrada en 1949, tiña 72 anos. O actor, dunha dilatada traxectoria en cine, teatro e televisión, estivo moi vinculado ao cine galego e español dos anos 90, participando en numerosas producións galegas como A noite que deixou de chover (2008), de Afonso Zarauza, Os mortos van á presa (2006) de Ángel de la Cruz, O neno de barro (2007) de Jorge Algora ou Ilegal (2003) de Ignacio Vilar, xunto con películas con Fernando León de Aranoa, Alejandro Amenábar, Icíar Bollaín ou Montxo Armendáriz.