Emilio Mac Gregor / Dirección

Emilio Mac Gregor

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Emilio Mac Gregor
Emilio Mac Gregor
Dirección
Nome completo: Emilio Mac Gregor
México D.F. (México) 1962  2008 A Coruña



Comezou no audiovisual nos 90 realizando “El Tercer Tiempo”, “El día después” e “Lo más Plus” para Canal +. A mediados da década realizou “Hospitales del arte”, un documental para TVE, así como a película oficial dos “V Xogos Europeos para Cegos e Deficientes”. Desde 1996 achegouse á ficción, sendo realizador das series “La casa de los Líos” (Antena 3, 1996-97), “Señor Alcalde” (Tele 5, 1997) e “Café con leche” (TVE, 1998), entre outras. Desde 1999 traballou para a TVG, ao tempo que dirixiu a curta “La luz que me ilumina” (1999) e documentais. Tamén seguiu colaborando con televisións estatais.

Formación específica: Cursou estudos de fotografía en Madrid (1977-78)

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Emilio Mac Gregor (4)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org