Entre as novidades que presenta para esta VIII edición o Festival de Cine Independente de Ourense (do 8 ao 16 de novembro) está unha Sección Competitiva dedicada ao documental. Habana Abierta de Jorge Perugorría; Os que dis que din de Emilio Mac Gregor; Muxía, política na costa da morte de Ricardo Llovo; Monte Alén, Paraíso salvado de Xosé Abad; Carrilanos, os túneles dun tempo por Rafael Cid; New York Spin de Pedro Valiente; El hombre que murió dos veces codirixido por Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez; Francisco Sánchez-Paco de Lucía por Daniel Hernández; Sol de noche de Pablo Milstein e Puré Romance conforman a listaxe de traballos a concurso. Os dez documentais poderanse ver na sala que ten o festival no Edificio Simeón. Ademais, o evento deixa tamén dúas proxeccións galegas: a de Secuestrados en Xeorxia de Filmanova e a estrea de O ladrón de reliquias de Lugopress e CTV.
Máis información no web do Festival