Actriz
Celeiro de Mariñaos (Barreiros, Lugo)
No eido da TV traballou en Homicidios (Telecinco 2011) e Catro fiestras (CTV 2006) e foi reporteira para Diga 33. A partir de 2002 destacan no seu curriculum diversos títulos da TVG e desde 2005 ten actuado en teatro nunha ducia de montaxes. Fixo vinteseis curtametraxes nunha década, entre outras La entrevista e Una vida sin ti, ambas de Alba Cuesta, Madrid, 2004; Ya no quedan hombres (Julio Pereira, 2004); Enemiccisimo (Juanchis Lee, 2004); Welcome to... (Rafa Toba, 2005); O feitizo das bolboretas (María Martínez, 2006); Marta (Juan de Oliveira, 2006); A Partida (2006); Inocencia perdida (Álvaro Liste, 2010). O seu debut cinematográfico foi en 2008 con Los muertos van deprisa. Tamén foi profesora de teatro para nenos e nenas.
Formación específica: Diplomada en Pedagoxía Teatral pola UDC. Mestrado en Interpretación diante da Cámara para Cine e TV da Central de Cine de Madrid (2008-09). Bolseira do Consorcio Audiovisual de Galicia. Cursos con J. Strasberg (2011), T.Leabhart (2011), de dobraxe en Área 5, de expresión corporal con M. Navarro, de interpretación para a cámara con M.Barroso, I.Aierra, C.Soler, A.Hernández, de teatro na aula con C. Ramos, de actuación para longametraxe con A.Sánchez e E. Lesmes, de arte dramática con C. Pazó, de monólogos con C.Utrilla, S.Bilbatúa e C.Calparsoro, entrenamento para actores con M.Pombo, monólogos shakesperianos en inglés con K.Stwart, de voz para intérpretes de M.Pinillos. Outros con D.Serrano, R. Estévez, D.Planell, N.Cardoso.
FILMOGRAFÍA
- Caderno de bitácora (2) (2011)
- Todo é silencio (2011)
- Piratas (2011)
- A pesar de todo, quérote (2011)
- Pureza (2010)
- Fútbol de alterne (2010)
- Efectos colaterais (2010)
- Os mortos van ás présas (2009)
- O sobriño (2009)
- O Nordés (2009)
- Matalobos (2009)
- Pequenas non, grazas (2009)
- Presas (2007)
- Efectos secundarios (2007)
- Cicatrices (2006)
- Bechos raros (2006)
- Para mariñeiros, nós (orixinal) (2006)
- Retrato (2005)
- Riazor Blues (2005)
- O show dos Tonechos (2005)
- Pepe O Inglés (2005)
- O show de Matarile (2005)
- Puzzle (2004)
- Non son túa (2004)
- A rosa de Alexandría (2003)
- O ladrón de reliquias (2003)
- Ánxela ou diaño (2003)
- A contratempo (2003)
- Avenida de América (2001)
- Luar (1992)
Videos | Ver 3 videos de Estíbaliz Veiga
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Estíbaliz Veiga (4)
Data: 9 / 5 / 2012
Blanca Cendán volve ao teatro
Data: 14 / 6 / 2010
Antonio Durán “Morris” é o novo presidente dos actores e actrices de Galicia
Data: 17 / 12 / 2008
Vicente Montoto continúa á fronte da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Data: 29 / 8 / 2008
culturagalegaTV: Presas