A Asociación de Actores e Actrices celebrou esta fin de semana unha Asemblea Xeral para renovar a súa Xunta Directiva. Continúan no equipo Vicente Montoto (como Presidente), Xosé LuÃs López “Sacha” (como Secretario), Camila Bossa e Antonio Durán “Morris”, e únenselle Roberto Leal, Vicente de Souza, Josi Lage, Rubén Riós, Victoria Pérez, EstÃbaliz Veiga, César Cambeiro e Fernando Morán. O novo equipo ten como reto organizar os XIII Premios de Teatro MarÃa Casares 2009 e difundir o novo catálogo de actores e actrices entre outras tarefas. Tamén se propoñen “a difusión e defensa do primeiro Convenio Colectivo de Teatro de Galicia que será aprobado nos próximos dÃas” tal e como aseguran nunha nota de prensa.