Antonio Durán “Morris” é o novo presidente dos actores e actrices de Galicia

Os seus principais retos pasan por darlle difusión ao catálogo e ao convenio colectivo

Nova Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Nova Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrou este domingo unha Asemblea Xeral que rematou, tal e como estaba previsto, cunha remodelación profunda da súa xunta directiva. Así, Antonio Durán “Morris” substitúe no cargo a Vicente Montoto. E no seu mandato contará con Xosé Luís López “Sacha” como secretario, mentres que Casilda Alfaro, Mónica García, José Leis, Vicente de Souza, Josi Lage, Estíbaliz Veiga, César Cambeiro, Rubén Prieto e Fernando Morán serán vocais. Entre os seus retos máis inmediatos figura a difusión e defensa do Convenio Colectivo de Teatro de Galicia e a promoción do Catálogo de Actores e Actrices.