Blanca Cendán volve ao teatro

A ex-directora do CDG participa nunha peza de microteatro

Blanca Cendán, a ex-directora do Centro Dramático Galego (CDG), volve a partir de hoxe ás táboas do teatro, participando na obra de micro-teatro Gótica, unha comedia que se representa na sala coruñesa La Tuerka 27. A obra ten texto de Jacobo Paz e está dirixida por Estíbaliz Veiga, e nela participan como actores Milo Taboada, José Leis, Isabel Risco, Blanca Cendán e Sue Moreno.