Guionista
Nome completo: Ángel de la Cruz Blanco
A Coruña 1963
Guionista, director e decorador. Colaborador de Manolo Gómez desde 1997, codirixiu con el O bosque animado, a súa primeira longametraxe. Iniciárase como guionista-director en 1995 con Sitcom show, curta vencedora do concurso “25 x 24” convocado pola Televisión de Galicia. Desde entón traballou en diversas curtas e foi galardoado con numerosos premios de guión. Compaxinou participacións en diversas produccións cinematográficas e televisivas, e guionizou varias das galas de entrega dos Premios da AGAPI.
Premios e recoñecementos: O Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) ao mellor guión foi para Ángel De La Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cechinni, por Engurras. O mesmo filme valeulle a De la Cruz en 2013 o premio ao mellor guión adaptado no 18OUFF.
Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) a súa película Os mortos van ás présas foi a produción máis galardonada, incluindo a categoría de mellor longametraxe.
Levou o premio “Manoel de Oliveira” ao mellor realizador no I Festival de Cine Independente do Porto (Portugal, 2009).
O bosque animado valeulle en 2001 o Goya ao mellor filme animado e o Premio Galicia de Comunicación da Xunta.
Por Paranoia digital recibiu os premios de mellor guión e mellor curta AGAPI 97.
Con Más difícil todavía gañara no 96 o concurso “Cidades de Cine” e os premios AGAPI do 98 á mellor curta, mellor guión e mellor dirección.
O concurso “Coruña de cine” premiou o seu guión Recuerdos de un amante neurótico (1996).
No 94 o filme Tirano Banderas, no que traballara como axudante de decoración, mereceu o Goya nesta categoría.
FILMOGRAFÍA
- Anxo (2011)
- Engurras (2011)
- Os mortos van ás présas (2009)
- Traíñas (2009)
- O soño dunha noite de San Xoán (2005)
- O señor dos mosquis. A triloxía (2005)
- O bosque animado. A serie (2002)
- O bosque animado (2001)
- Sandra (2000)
- Aínda máis difícil (1998)
- Isolina do Caurel (1997)
- O cambio (2) (1997)
- Sitcom show (1996)
- Paranoia dixital (1996)
- Afonía (1996)
- Lembranzas dun amante neurótico (1996)
Arquivos de audio
-
Ángel de la Cruz fala sobre Os mortos van ás présas
Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Ángel de la Cruz
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Ángel de la Cruz (48)
Data: 7 / 12 / 2023
'O home e o can' acada o premio do CityBlue Film Festival de Vigo
Data: 24 / 11 / 2023
Ángel de la Cruz premio honorífico do 7º CityBlue Film Festival de Vigo
Data: 20 / 10 / 2023
A premiada O home e o can estréase en 22 pantallas do país
Data: 14 / 3 / 2023
Nove producións recentes na Semana do Cinema Galego que comeza na Coruña
Data: 28 / 11 / 2022
O home e o can triunfa no Festival de Cine sobre Discapacidade