A Coruña vai acoller desde hoxe e ata o vindeiro domingo a IV Semana do Cinema Galego, unha cita impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña na que exhibe o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Un total de nove filmes, finalistas e gañadores dun ou varios dos galardóns repartidos nos XXI Premios Mestre Mateo celebrados este pasado fin de semana, vanse proxectar no Teatro Colón da cidade herculina ao longo destes seis días. O público coruñés vai ter a oportunidade de gozar novamente en pantalla grande da gran triunfadora da última edición dos Mestre Mateo, "O corpo aberto", que acadou doce galardóns dos dezaseis aos que optaba, entre eles os das categorías de longametraxe, dirección e guión así como as de mellor interpretación masculina protagonista e de reparto para Tamar Novas e Federico Pérez, respectivamente. Nas sesións de proxección estarán presentes e participarán parte dos equipos responsables das obras. Deste xeito, visitarán A Coruña artistas como Jorge Coira, Manuel Manquiña, Xavier Villaverde, Manane Rodríguez, Ángel de la Cruz, Chelo Loureiro ou Ángeles Huerta, entre moitas outras figuras do noso cinema.
O programa da IV Semana do Cinema Galego contará cos largos de ficción "Código Emperador", "Live is Life", "O corpo aberto" e "O home e o can"; os documentais "A Foreign Song", "María Casares. A muller que viviu mil vidas", "No somos nada" e "Onde máis doe" e a película de animación Valentina. O acceso a todas as proxeccións do encontro será de balde, con entrada libre, por orde de chegada á sala, ata completar o aforo. A actividade botará a andar con "Código Emperador", película dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Luis Tosar, que se exhibirá hoxe a partir das 20.00h, tras o acto oficial de inauguración e o coloquio, coa presentación por parte do propio director e mais a produtora Emma Lustres. O mércores 15, ás 20.00 h, será a quenda do documental "María Casares. A muller que viviu mil vidas", unha ollada íntima e profunda de Xavier Villaverde sobre a vida da grande actriz coruñesa que vén de recibir o premio Mestre Mateo ao Mellor Documental. O sábado, ás 22.00 h, e como colofón a unha xornada dupla de proxeccións será o filme gótico "O corpo aberto" de Ángeles Huerta quen tome a pantalla do Colón, con Tamar Novas e María Vázquez como protagonistas. A clausura da IV Semana do Cinema Galego será a mañá do domingo 19, ás 11.30 h, e virá da man de Valentina, a película de Chelo Loureiro gañadora do Premio Goya á mellor longametraxe de animación no 2022.