A longametraxe 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta, baseada nun relato de Xose Luís Méndez Ferrín, resultou a produción máis premiada na gala dos vixésimo primeiros Mestre Mateo. A ópera prima de ficción da directora conquistou as categorías de mellor longametraxe, dirección e guión para Ángeles Huerta, que comparte a última con Daniel D. García. As e os académicos recoñeceron cos seus votos a interpretación protagonista de Tamar Novas e a de reparto de Federico Pérez. O corpo aberto gañou tamén os premios á mellor dirección de arte para Antonio Pereira; dirección de fotografía para Gina Ferrer; dirección de produción para Tamara Soto; maquillaxe e perruquería para Raquel Fidalgo, Noé Montes e María Barreiro; mellor música orixinal para Mercedes Peón; mellor son para Diego Staub e Jordi Rossinyol e mellor vestiario para Teresa Sousa.
A outra produción máis presente na recollida de galardóns foi a serie de televisión Rapa, de Protocabo e Movistar+ que partía con 19 candidaturas finalistas, e finalmente conquistou 4 galardóns: mellor serie de televisión e mellor montaxe para Jorge Coira, Gaspar Broullón, Óscar Pardo e Lucía Iglesias. Os membros da Academia recoñeceron o traballo das súas actrices cos premios a mellor interpretación feminina protagonista para Lucía Veiga e mellor interpretación de reparto para Berta Ojea. Nesta edición voltaron as categorías de animación aos Mestre Mateo, e os premios recaeron en Sandwich Cat, de David Fidalgo Omil, como mellor curtametraxe de animación e Unicorn Wars, de Alberto Vázquez, recente gañadora do premio Goya foi elixida como mellor longametraxe de animación nos galardóns galegos. O documental dirixido por xavier Villaverde, "María Casares. A muller que viviu mil vidas" foi votado como mellor documental e o premio a mellor programa televisivo foi para a canle local Telemiño, polo programa de actualidade cinematográfica Cinephilia, de Noveolas producciones. Da parte dos programas emitidos pola CRTVG recolleuse o premio a mellor comunicadora, que o levou, por segundo ano consecutivo Esther Estévez Casado, de 'Dígocho eu' e Jairo Iglesias a mellor realización por Catro Gatos. O premio a mellor anuncio publicitario recaeu na peza As Estrellas do camiño Miradas de Resistencia, de Kaito Estudios e Estrella Galicia. O videoclip da canción NOA, de Guadi Galego, producido por Toño Chouza, obtivo o Mestre Mateo ao mellor videoclip e, La entrega, de Pedro Díaz, o de mellor curtametraxe. O resto de premiados da noite foron e Delicias amargas, de Kraken Media, e Historias vageniales, de Raquel Nogueira, a mellor serie web.
A actriz Bárbara Grandío foi a mestra de cerimonias do evento, acompañada sobre o escenario do Teatro Municipal de Ourense polas intérpretes Victoria Teijeiro e Belén Constenla. Na gala, o produtor, compositor e músico Nani García recibiu o premio de honra Fernando Rey en recoñecemento á súa dilatada carreira como compositor e ó seu compromiso coa divulgación musical vinculada ao sector audiovisual. Adrián Castiñeiras, Alba Mancebo, Arturo Fernández, Isabel Naveira, Mayka Braña, María Mera, Monti Castiñeiras, Noelia Rey, Tito Asorey e Trisha Fernández foron os encargados de anunciar ás gañadoras, nunha gala que contou coa música da cantautora Silvia Penide e a Xove Orquestra Sinfónica Ourensanía, baixo a batuta de José Luis Tielas. No discurso institucional o presidente da Academia galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, reivindicou a necesidade "entender o país no seu conxunto" nunha chamada a valorar anosa propia diversidade interna. Pérez Becerra incidiu na responsabildiae colectiva de darlle á xente máis nova de Galicia a oportunidade de facer e ver cine definiu o momento actual do audiovisual galego como de "maior proxección". O presidente da AGA tamén tivo palabras de agradecemento cara as asociacións profesionais existentes en Galicia, como parte de esa situación positiva. No seu discurso quixo reivindicar o uso do galego como dioma do audiovisual e o valor e coidados necesarios do patrimonio audiovisual e da canle de televisión autonómica.