Ángel de la Cruz premio honorífico do 7º CityBlue Film Festival de Vigo

O festival internacional comeza o vindeiro luns e proxectará 5 longametraxes e 30 curtas con entrada libre

O vindeiro luns dá comezo en Vigo a 7ª edición do CityBlue Film Festival, un evento audiovisual organizado pola empresa distribuidora City Blue que ofrece un espazo de encontro entre público, creadores e profesionais da industria cinematográfica. O festival, que ten carácter internacional, proxectará ata o vindeiro día 2 de decembro 5 longametraxes e 30 curtametraxes de produción independente e de ámbito internacional. O Auditorio do Concello de Vigo acollerá as proxeccións, que teñen entrada de balde. O programa está estruturado en catro seccións: Longametraxe Internacional, Longametraxe Galicia, Curtametraxe Xeral e Curtametraxe Galicia. Hai tamén unha sección dedicada ao cine infantil e outra á realización de estudantes en formación, que terán lugar Auditorio do Colexio Jesuitinas Miralba e na Escola de Imaxe e Son de Vigo. O director Ángel de la Cruz (A Coruña, 1963) recibirá o Premio Honorífico do 7ºCBFF, en recoñecemento "á súa destacada contribución ao mundo cinematográfico e o seu apoio a talentos emerxentes". Dentro do festival tamén se exhibirá a súa película máis recente, 'O home e o can' e o realizador participará nunha conferencia xunto con Delia Guerra, directora de Movibeta. Na sección de longametraxes galegos tamén se exhibirán as películas "Tralos pasos de María Casares", de Isabel Blanco e Sabela Hermida (2023) e o documental "O médico dos pobres", de Federico A. Rioboo.

Ligazóns