Luísa Merelas recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU

O festival internacional de curtametraxes comezará esta fin de semana e proxectará 89 filmes de trinta países

O festival internacional de curtametraxes comezará esta fin de semana e proxectará 89 filmes de trinta países
Luísa Merelas
O Festival Internacional de Cine de Bueu, FICBUEU, regresa este venres cun programa que se desenvolverá na vila pontevedresa ata o sábado 23. A décima sexta edición deste festival de curtametraxes proxectará ata 89 películas chegadas dunha trintena de países dos cinco continentes, 28 de elas na Sección Oficial,. Entre elas algunhas premiadas nos festivais de Venecia, Cannes, San Sebastián, Berlín, Clermont-Ferrand ou Sundance. Galicia estará representada na sección oficial opor catro curtametraxes mentres outros seis na sección exclusiva de produción galega "GZ_00". A actriz galega Luisa Merelas (A Coruña, 1958), recibirá o Premio Cinema Galego do festival pola súa traxectoria.

A programación do Festival inclúe tamén coloquios e clases maxistrais con cineastas e profesionais do sector audiovisual, obradoiros, concertos, a emisión en vivo e ante público de cinco pódcast radiofónicos especializados en cine, actividades na rúa e actividades para cativos co MiniFIC. Unha retrospectiva amosará as facetas do realizador holandés Joris Ivens (Nimega, 1898-París, 1989), poeta, militante, aventureiro e cronista de guerra. Incluirá a proxección de catro das súas curtametraxes máis emblemáticas: "Regen", "Borinage", "Indonesia Calling" e "Le ciel, la terre" . O certame dedicará tamén a súa cuarta monografía á figura de Ivens, que rodou máis de medio cento de películas nunha vintena de países
Ligazóns