O Cormorán Film Fest estréase como festival internacional de cine de autor na Coruña

O novo evento outorgara un premio á longametraxe máis valente das seleccionadas

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualMúsica
Compartir:
O Cormorán Film Fest estréase como festival internacional de cine de autor na Coruña

Sete longametraxes e oito curtametraxes optarán aos galardóns do palmares do novo Cormorán Film Fest que se inaugura o luns 9 de setembro na Coruña. Esta nova cita audiovisual organizada desde a distribuidora e promotora Cormorán Cinema da Coruña nace como un festival internacional de cine de autor, “disposto a traer ao verán coruñés obras cinematográficas de todo o mundo, que ofrezan puntos de vista frescos e poderosos”, segundo eles mesmos se presentan. Entre o 9 e o 14 de se4tembro ofrecen a proxección dos filmes en competición no espazo Normal da Universidade da Coruña, e ademais cinco concertos na sala Mardi Gras o xoves e o venres con Bandas como Blanco Palamera, Seda, Oh Ayatollah!, Cabiria e Hnos Muñoz. O palmarés ofrecerá Premio do xurado, Mención especial e Premio do público na categoría de curtametraxes, mestres que na de longametraxes ademais dos mencionados engádese un premio especial: o Premio María Pita á obra máis valente. Al longametraxes desta edición chegan cada unha das sete de un país distinto. Entre as curtametraxes poderán verse obras galegas como 16 de decembro de Álvaro Gago ou Rapaz de Felipe Gálvez. As entradas están á venda para as proxeccións e os concertos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Álvaro Gago, Universidade da Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares