Desde este 3 de novembro e ata o vindeiro dÃa 12 os Cines Cantones da Coruña acollen a cuarta edición o Cormorán Film Fest. Este encontro internacional de cinema achega nove longametraxes e once curtas a un programa que inclúe a estrea en Galicia da premiada Samsara, de Lois Patiño, director que participará no evento este venres 3 a conversar co público.
Segundo adianta a organización do festival, o público asistente poderá manter coloquios online con outros directores e directoras de renome internacional como Marija Kavtaradze, que leva ao programa ao seu film Slow sobre a asexualidade.
The adults de Dustin Guy Defa, o documental mexicano de El eco de Tatiana Huezo, The Mountains, autobiografÃa do sueco Christian Einshoj ou a comedia arxentina Arturo a los 30 de Martin Shanly, fan tamén parte do cartel desta edición. Canda a elas, proxectarase o documental sobre a crianza Polaris de Ainara Vera, o retrato da escena tecno After, que contará coa presenza do seu director Anthony Lapa, e mais La Chimera de Alice Rohrwacher, que porá o punto final ao programa.