Lois Patiño competirá na Seminci con Samsara

O festival de Valladolid seleccionou o filme galego como aspirante á súa Espiga de Ouro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Lois Patiño competirá na Seminci con Samsara

A organización da Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci), daba a coñecer este 23 de agosto un avance dos filmes que proxectará na súa vindeira edición, que se celebra entre o 21 e o 28 de outubro vindeiros. Entre os nove primeiros títulos que competirán pola prestixiosa Espiga de Ouro está a longametraxe Samsara, do galego Lois Patiño.

O web do festival cualifica a Patiño como "unha das miradas máis audaces do novo cine español" e apunta que no seu filme "profunda na súa exploración formal da linguaxe cinematográfica indagando na representación do invisible no cine, e propoñendo ao espectador o reto de percibir a película cos ollos pechados para converter a sala nun espazo de meditación colectiva".

Samsara, que xa fora galardoada na última Berlinale, verá no festival a súa estrea a nivel estatal. Os outros filmes anunciados que competirán coa produción galega son El amor de Andrea, de Manuel Martín Cuenca; La imatge permanent, de Laura Ferrés; Que nadie duerma, de Antonio Méndez Esparza; e Sobre todo de noche, de Víctor Iriarte.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Ouro, Valladolid, Cine...

Claves

Entidades
Lugares