Lois Patiño súmase á representación galega na Berlinale

A súa longametraxe Samsara competirá na sección Encounters

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Lois Patiño súmase á representación galega na Berlinale

A Berlinale acollerá a estrea mundial da última longametraxe do director galego Lois Patiño. Samsara chegará por vez primeira ás pantallas no marco da sección Encounters do recoñecido festival alemán. O filme parte do Libro dos Mortos tibetano para seguir o proceso de reencarnación dunha anciá de Laos como unha cabra nun pobo costeiro de Zanzíbar.

A organización da Berlinale confirmou este 23 de setembro a presenza da obra no seu programa durante a presentación dos filmes que fan parte da sección Encounters. Este apartado está dedicado a presentar proxectos innovadores de cineastas independentes, a procurar novas perspectivas na arte cinematográfica. O festival desenvolverase entre o 16 e o 26 de febreiro.

Patiño sinala que a obra afonda nalgunhas constantes do seu traballo, como é a relación entre ser humano e a paisaxe. Esta é a terceira produción galega que confirma a súa participación na Berlinale de 2023. Canda a Patiño poderán verse no evento os filmes Sica de Carla Subirana e Matria de Álvaro Gago. Patiño xa participara na anterior edición do festival coa curtametraxe El sembrador de estrellas.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlinale, Lois Patiño, Álvaro Gago, Paisaxe...