No marco da 70ª edición da Berlinale o cineasta vigués LoÃs Patriño (Vigo, 1983) fará a estrea mundial do seu segundo filme Lúa vermella( Zeiyum Films, 2019). A pelÃcula será proxectada dentro da sección Forum do Festival Internacional de Cinema de BerlÃn que terá comezo o 20 de febreiro, un apartado independente do evento con comisariado externo e no que se presentan producións con perspectivas non convencionais da arte cinematográfica que abran novos camiños ao xeito de relatar audiovisual. O Forum, que este ano alcanza a súa 50ª edición baixo o lema "Galopando entre eras diferentes"., contará con 35 cintas, das que 28 son estreas mundiais. Lois Patiño volve en Lúa vermella a escribir e dirixir unha historia situada nunha localidade costeira, como xa fixera con Costa da Morte (2013) a súa primeira longametraxe pola que obtivera o premio no festival internacional de Locarno á mellor dirección emerxente. Nesta nova pelÃcula Patiño usa do mundo dos mitos e lendas populares para contar unha fabulación sobre unha vila costeira na que os seus habitantes están paralizados coma suspendidos no tempo, tres mulleres chegan ao pobo e teñen que manexarse con esta situación. A historia está protagonizada por Ana Marra, Carmen MartÃnez e Pilar Rodlos. Lúa vermella chegará o vindeiro 30 de abril ás salas de cine.