Ata en nove localidades galegas se poderá ver hoxe á estrea en salas da pelÃcula Lúa Vermella, do cineasta Lois Patiño. O filme estrease este venres en cines tras o seu paso por festivais e a súa estrea galega no recente CurtocircuÃto. A pelÃcula, cuxa inicial estrea en abril viuse truncada pola pandemia, chegará desde hoxe a 18 localidades de toda España, a metade delas en Galicia. Salas de A Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ferrol, MarÃn, Monforte, Carballo e A Estrada acollerán esta pelÃcula que obtivo a Biznaga de Plata á Mellor PelÃcula Española na Sección ZonaZine do 23 Festival de Málaga e o Premio á Mellor PelÃcula na 25ª edición do Festival Cinespaña de Toulouse. Lois Patiño volve en Lúa vermella a escribir e dirixir unha historia situada nunha localidade costeira, como xa fixera con Costa da Morte (2013) a súa primeira longametraxe pola que obtivera o premio no festival internacional de Locarno á mellor dirección emerxente. Nesta nova pelÃcula Patiño usa do mundo dos mitos e lendas populares para contar unha fabulación sobre unha vila costeira na que os seus habitantes están paralizados coma suspendidos no tempo, tres mulleres chegan ao pobo e teñen que manexarse con esta situación. A historia está protagonizada por Ana Marra, Carmen MartÃnez e Pilar Rodlos.