O filme 'Samsara' de Lois Patiño chega hoxe aos cines

O premiado documental sobre o ciclo budista da reencarnación pode verse en seis salas galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O filme 'Samsara' de Lois Patiño chega hoxe aos cines

A longametraxe documental 'Samsara', do realizador Lois Patiño, chega hoxe ás salas comerciales de todo o país. O filme chega ao público tras so seus paso por numerosos festivais, onde foi seleccionada para concursar nas sección oficiais, coa vitola de ter feito historia para o audiovisual galego ao recibir o pasado febrero o galardón especial da sección Encounters da Berlinale, ex aequo co filme 'Orlando, ma biographie politique' de Paul B. Preciado. A película, distribuida por Atalante, proxectarase inicialmente en 23 salas de toda España , seis delas en Galicia. Hai varios pases especiais programados que contan coa presenza e intervención do director vigués, que poden consultarse no web de Atalante.

Samsara é o ciclo budista de morte e reencarnación. O director vigués parte do Libro dos Mortos tibetano como guía para seguir o proceso de reencarnación dunha anciá de Laos como unha cabra nun pobo costeiro de Zanzíbar Desde os templos de Laos, convivindo con monxes adolescentes, acompaña á alma no seu tránsito dun corpo a outro Un percorrido lumínico e sonoro que nos levará ás praias de Zanzíbar, onde grupos de mulleres traballan en granxas de algas. Patiño sinala que a obra afonda nalgunhas constantes do seu traballo, como é a relación entre ser humano e a paisaxe. En Galicia o filme poderá verse na Coruña en Los Cantones; no cine Duplex de Ferrol; en Lugo nas salas Codex; en Santiago poderá verse nos Multicines Compostela e na sala NUMAX, que xa acolleu unha preestrea o pasado venres; en Vigo Samsará está en cartel nos Multicines Norte e nos Tamberlick.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Documental, Cine, Berlinale...