Lois Patiño fai historia ao resultar premiado na Berlinale

O realizador galego obtivo o Premio Especial do Xurado da sección Encounters

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de Samsara, de Lois Patiño.

Fotograma de Samsara, de Lois Patiño.

Por vez primeira, unha produción galega resultou premiada no prestixioso festival alemán Berlinale. O xurado da sección Encounters outorgoulle este 25 de febreiro o seu galardón especial á longametraxe Samsara do vigués Lois Patiño. O galego recibiu o galardón ex aequo co filme Orlando, ma biographie politique de Paul B. Preciado.

En Samsara o director parte do Libro dos Mortos tibetano para seguir o proceso de reencarnación dunha anciá de Laos como unha cabra nun pobo costeiro de Zanzíbar. Canda a esta produción, no festival participaron tamén os filmes galegos Matria de Álvaro Gago e Sica de Carla Subirana.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Berlinale, Álvaro Gago, Matria...

Claves

Protagonistas
Entidades