A Seminci de Valladolid homenaxa a Luís Tosar cunha Espiga de Honor

Os filmes A batalla descoñecida e Entre la ola y la roca compiten na sección documental

13/10/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A 62 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid, que comeza o vindeiro 21 de outubro, homenaxeará o actor galego Luís Tosar. O intéprete foi galardoado pola organización do evento cunha das cinco Espigas de Honor que se entregan nesta xeira a recoñecer o conxunto da súa carreira. A entrega do galardón realizarase o vindeiro 24 de outubro na gala que o festival lle dedica ao cinema español. En paralelo, dous filmes do país compiten na Seminci no marco da sección DOCEspaña. Paula Cons e a produtora Agallas Films presentan A batalla descoñecida, que aborda o conflito polo control do wolframio galego durante a II Guerra Mundial, mentres Manuel Lógar asina Entre la ola y la roca, que retrata o mundo dos percebeiros en Muxía trece anos despois do Prestige.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Tosar, Valladolid, Cine, Documental...