Chega aos cinemas Entre la roca y la ola, un documental sobre percebeiros

A ópera prima do coruñés Manuel Lógar rodouse na Costa da Morte

A ópera prima do coruñés Manuel Lógar rodouse na Costa da Morte
A primeira longametraxe do director coruñés Manuel Lógar, o documental Entre la roca y la ola chega hoxe ás salas de cinema do noso país. Cinemas da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ferrol, Cee e Viveiro acollen a presentación desta obra rodada na Costa da Morte que acompaña un grupo percebeiros nas súas tarefas cotiás. A partir disto, o filme propón unha reflexión sobre a relación do ser humano e o medio co pano de fondo do desastre do Prestige. O director estará presente na estrea no cinema coruñés dos Cantóns, onde participará nun coloquio logo da proxección.




De xeito paralelo a distribuidora Cormorán, creada para divulgar o filme, anuncia a celebración o vindeiro mes de agosto dun novo festival cinematográfico na Coruña. O Cormorán Film Fest desenvolverase entre os días 12 e 17 e pretende ser un punto de encontro para producións independentes no campo do cinema e da música orientado a traballos que reflexionen sobre as problemáticas sociais da actualidade.