Xacio Baño estrea a súa longametraxe Trote

Unha ducia de salas de todo o país acollen o filme a partir de hoxe

14/12/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Logo dunha exitosa carreira no circuíto de festivais, Trote, a primeira longametraxe de Xacio Baño, chega hoxe ás salas de cinema. O filme, que contou co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais para a escrita do guión, o desenvolvemento e a xira por festivais, conta a historia dunha muller que vive nunha aldea do interior de Galicia. As tensas relacións coa súa familia, co pano de fondo da Rapa das Bestas, centran un filme que protagoniza María Vázquez. Unha ducia de salas de todo o país acollerán a estrea desta produción, que xa se puido ver en citas como Cineuropa, o festival de Locarno ou o de San Sebastián.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacio Baño, Cine, María Vázquez, Cineuropa...