O documental sobre o tren Alvia representa a Galicia na Seminci

O traballo de Lois Patiño foi recoñecido no Corto y Creo de Santander

27/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fotograma de Frankenstein 04155

A Semana Internacional de Cine (Seminci) de Valladolid acolle hoxe a estrea de Frankenstein-04155, o documental do director ourensán Aitor Rei sobre o accidente do Alvia en Compostela o 24 de xullo de 2013. O filme compite con outros dez filmes na sección Doc España. O filme, promovido pola plataforma de vítimas do sinistro, financiouse a través dunha campaña de Crowdfunding. Pola súa banda, o seu traballo no campo do cinema experimental e da videoarte valeulle a Lois Patiño voltar co Premio Nueva Ola 2015 do Festival de Cine Corto y Creo de Santander, que se celebrou esta fin de semana.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Documental, Lois Patiño, Valladolid...

Claves

Protagonistas
Conceptos