O documental galego Frankenstein-04155 gañou o público de Cineuropa

A comedia Le Nouveau impúxose na sección oficial

2/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Compostela fechaba o pasado domingo 29 as portas de Cineuropa. Feito reconto, o festival deu a coñecer os seus premios. Desta volta foi un filme galego, o documental Frankenstein-04155, dirixido por Aitor Peña e producido por Boneca Lareta, quen levou o Premio do Público. As votacións que realizaron os asistentes outorgáronlle ao filme unha nota de 9,53 sobre dez entre as máis de 300 películas que se puideron ver no festival. Na sección oficial foi a comedia francesa Le Nouveau quen levou o premio, mentres na sección panorama internacional a máis valorada polos asistentes foi El botón de Nácar, cun 8,35.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cineuropa, Comedia

Claves

Entidades
Conceptos