The salt of the Earth leva o Premio Cineuropa

O público outorgoulle ao documental de Wim Wender unha puntuación de 9,11

1/12/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O documental de Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado sobre o fotógrafo Sebastião Salgado impúxose na 28 edición do Festival Cineuropa, que fechaba onte as súas portas en Compostela. O público que ao longo do mes asistiu as proxeccións deste programa seleccionou The salt of the Earth cunha nota media de 9,11 o que sitúa o filme a distancia da segunda seleccionada na sección oficial, O noso último verán en Escocia que ficou cunha nota de 8,29.

A maiores, nas seccións Panorama Internacional foi Mommy a que máis gustou aos espectadores, cun 7,60 de nota, e en Fantastique Compostela impúxose What we do in the shadows cun 7,68.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cineuropa, Documental, Escocia, Medios de comunicación

Claves

Entidades
Lugares