A homenaxe que a compañÃa madrileña Ron Lalá, en colaboración coa CompañÃa Nacional de Teatro Clásico, lle fixo ao autor do Quixote conseguiu o favor do público no último Festival Internacional Outono de Teatro. Os asistentes á cita escénica de Carballo, que fechaba onte as súas portas, recoñeceron co seu premio a montaxe Cervantina que obtivo unha puntuación media de 4,75 sobre 5 puntos. Segundo apunta a organización, as obras Yllana 25, e Solitudes, de Kulunka Teatro, foron as seguintes máis valoradas, e a media estivo nun 4,1. En total, pasaron polo patio de butacas do FIOT 10.726 persoas, un 3,5% máis que na pasada edición, que supoñen un novo máximo nos 25 anos de hsitoria do festival.